Plan Forestal de Galicia (PFG)

Compartir
Plan Forestal de Galicia (1992)

Logo do Plan Forestal de Andalucía (1989) o Plan Forestal de Galicia do ano 1992 foi o segundo plan forestal aprobado no Estado español. Un documento básico que estableceu un modelo forestal a longo prazo co fin de manter una coherencia nas intervención no monte e nos sectores derivados. En especial, o plan sinalaba as liñas de acción da Administración da Comunidade Autónoma neste ámbito e as de participación dos axentes sociais involucrados.

Os obxectivos que establecía este plan poderíanse resumir do seguinte xeito:

  • Dotarnos dunha rede de espazos sensibles que satisfixera as demandas de conservación e recuperación do patrimonio natural e dos bosques autóctonos mediante o incremento do patrimonio forestal público.
  • Conseguir unha cultura forestal na sociedade galega acorde coa importancia estratéxica do monte e do sector forestal, baseada a un tempo en fundamentos científicos e profesionais.
  • Fomentar unha silvicultura profesionalizada como base indispensable para o aproveitamento integral dos recursos forestais e asegurar a súa renovación.
  • Ter en conta a necesaria transformación e mellora das estruturas produtivas, co fin de que a dispersión e pequena dimensión actual das parcelas e das explotación, así como o alto número de propietarios e carencia de infraestruturas básicas non impida unha produción estable e competitiva dos montes.
  • Incrementar a produción e calidade das madeiras pola dobre vía: ampliando as superficies arboradas, principalmente en terras ocupadas polo mato pero tendo en conta as necesidades de expansión das producións agrogandeiras, e doutra banda mellorando as calidades das masas arboradas a través da ordenación forestal e tratamentos silvícolas.
  • Producir madeira de calidade nos montes de xestión pública nos que predomine a función económica.
  • Promover un tecido de empresas e industrias forestais que elaboren todos os produtos do monte, compitan nos mercados internacionais e acheguen o maior valor engadido aos nosos recursos.
  • Integrar aos diferentes axentes do sector forestal mediante o apoio ás súas organizacións profesionais.
  • Establecer unha Administración forestal con servizos comarcalizados de xestión e con competencias acordes coa nova dimensión do sector.
  • Desenvolver un sistema de formación e de ensinanzas forestais que satisfaga as demandas de especialistas dos diferentes ámbitos forestais, establecendo os niveis medio e superior de ensino das diversas especialidades.
  • Fortalecer e complementar o sistema de investigación forestal de Galicia como elemento clave do desenvolvemento do sector, desenvolvendo programas de investigación e transferencia tecnolóxica.

Máis información no documento de síntese

1ª revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 "Cara á neutralidade carbónica"

Tras máis de 20 anos, a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia desenvolveu nos seus artigos 72 e 73 as pautas para a elaboración ou revisión dun novo Plan Forestal de Galicia.

Consello Forestal de Galicia

Tal e como indica o apartado 5 do artigo 72 da Lei 72/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a revisión do Plan Forestal de Galicia debe partir da consulta aos actores implicados na política forestal de Galicia no marco dun traballo colectivo e consensuado baseado na comunicación, transparencia e participación social.

Na súa xuntanza do 21 de maio de 2014, o Consello Forestal de Galicia, que se compón de 48 vogalías e onde están representados os axentes implicados na xestión forestal sustentable dos montes galegos, acordou a revisión do Plan Forestal de Galicia de 1992 tras máis de vinte anos de andaina, como función lexítima de devandito órgano consultivo. Con esta decisión entendíase a necesidade de reorientar devandito instrumento cara ás novas políticas forestais e ambientais centradas no desenvolvemento sustentable.

Para iso, e baseado nun enfoque abaixo-arriba "bottom-up" para a toma de decisións, creouse, no seo do Consello Forestal de Galicia, o Grupo de Traballo para a primeira revisión do Plan Forestal de Galicia, o cal quedaría formalmente constituído na súa primeira reunión do 16 de febreiro de 2015, estando formado por un total de 26 entidades vinculadas co sector forestal galego, todas aquelas que amosaron o seu interese xa que a convocatoria de participación fíxose extensa a todo o Consello Forestal de Galicia.

A metodoloxía empregada tivo como principal obxecto establecer as directrices de revisión a través dun proceso participativo, cun enfoque integrado de monte e de forma consensuada por todos os axentes relacionados con el. Debían ser eles os que finalmente presentasen ao Consello Forestal de Galicia as directrices elaboradas, para servir de guía á Xunta de Galicia na redacción da revisión do Plan Forestal para Galicia. Para a determinación das directrices de revisión do Plan Forestal de Galicia este grupo de traballo contestou a unha enquisa composta por un total de 280 preguntas cun total 1.147 variables estruturadas nun total de dezanove áreas temáticas agrupadas en tres grandes bloques de traballo:

  • Bloque I. Sete áreas temáticas, 103 preguntas, 368 variables:
    • AT1. Análise do grao de cumprimento do Plan Forestal de Galicia 1992
    • AT2. Superficie forestal en Galicia e formacións arboradas do monte
    • AT3. Estrutura e organización da propiedade
    • AT4. Xestión da propiedade forestal
    • AT5. Planificación e xestión forestal sustentable
    • AT6. Multifuncionalidade dos recursos e servizos
    • AT7. Taxa de aproveitamento dos recursos forestais
  • Bloque II. Sete áreas temáticas, 122 preguntas, 501 variables:
    • AT8. Incendios forestais
    • AT9. Sanidade e saúde forestal
    • AT10. Protección, conservación e fomento da biodiversidade
    • AT11. Pistas e infraestruturas forestais
    • AT12. Formación, educación e divulgación
    • AT13. Investigación e transferencia forestal
    • AT14. As Administracións públicas no sector forestal
  • Bloque III. Cinco áreas temáticas, 55 preguntas, 278 variables:
    • AT15. Políticas públicas en materia de fomento e fiscalidade forestal
    • AT16. Estatística forestal. Sistemas de apoio á toma de decisións
    • AT17. A cadea monte industria e o emprego forestal
    • AT18. Cambios estruturais cara á bioeconomía ou economía hipocarbónica
    • AT19. Marco normativo: representatividade sectorial

Informe gráfico dos resultados da enquisa respondida polo grupo de traballo.

Os resultados previamente arroxados coas enquisas fóronse centrando durante as reunións do Grupo de Traballo co obxectivo de acurtar distancias e construír un diagnóstico e prognóstico consensuado polos axentes implicados. Por tanto, as reunións constituíron os puntos de encontro e debate multilateral e directo (concertación) entre os membros do sector para esbozar e deseñar as liñas básicas e primordiais de actuación para a futura política forestal de Galicia (obxectivos, eixos estratéxicos, problemática e solución).

Desde mediados de febreiro ata mediados de novembro de 2015 (16 de febreiro a 19 de novembro), o Comité Técnico reuniuse en 13 ocasións para realizar as tarefas que lle eran propias. Pola súa banda, desde finais de febreiro ata principios de novembro de 2015 (26 de febreiro a 5 de novembro), o Grupo de Traballo foi convocado para un total 8 sesións. A continuación, relaciónanse os principais fitos alcanzados polo Grupo de Traballo:

26/02/2015 Presentación metodoloxía do proceso.
9/04/2015 Aprobación normas, composición final GT.
13/05/2015 Posicionamento dos grupos.
25/06/2015 Resultados bloque I enquisa.
9/07/2015 Comezo análise resultados.
17/09/2015 Resultados bloque II.
21/10/2015 Resultados bloque III.
5/11/2015 Remate debate.

Entre o 19 e o 24 de novembro do ano 2015, o Comité Técnico do Grupo de Traballo elaborou o borrador das directrices para a primeira Revisión do Plan Forestal de Galicia, o cal foi remitido o día 24/11/2015 ao devandito grupo, abrindo un prazo de achegas até o 09/12/2015, que finalmente sería estendido até o 14/12/2015.

As entidades e asociacións que remitiron achegas durante o proceso de elaboración das directrices foron as seguintes:

Ao Bloque I
08/05/2015 Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
27/05/2015 Asociación Forestal de Galicia (AFG).
28/05/2015 Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM).
27/05/2015 Subdirección Xeral de Enerxía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Ao Bloque II
07/07/2015 Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo.
09/07/2015 Asociación Forestal de Galicia (AFG).
09/07/2015 Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM).
09/07/2015 Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural.
Ao Bloque III
17/09/2015 GAIN a través da Subdirección Xeral de Enerxía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
23/09/2015 Asociación Forestal de Galicia (AFG).
23/09/2015 Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM).
Ao borrador de Directrices de revisión do Plan Forestal de Galicia
11/12/2015 Asociación Forestal de Galicia (AFG).
11/12/2015 Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM).
11/12/2015 Grupo ENCE a través da Confederación Galega de Empresarios da Madeira (Confemadera Galicia).
11/12/2015 Asociación Profesional de Silvicultores de Galicia (Silvanus).
11/12/2015 Federación Ecoloxista Galega (FEG).
11/12/2015 Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA).
11/12/2015 Federación de Asociacións de Produtores de Madeira de Galicia (PROMAGAL).
11/12/2015 Asociación Galega para a Valorización Enerxética da Biomasa (AGAVEB).
14/12/2015 Federación galega de caza (FGC).
14/12/2015 Amigos da Terra.

 

Recibidas as achegas, elaborouse un documento definitivo de directrices que lle foi presentado ao Grupo de Traballo o 17/12/2015.

De cada xuntanza celebrada levantouse e aprobouse as correspondentes actas (primeiro punto da seguinte acta). Todas elas dispoñibles publicamente.

Na sesión do Consello Forestal de Galicia, celebrada o 29/04/2016, realizouse a presentación do informe final dos traballos desenvolvidos no seo do Grupo de Traballo, así como das directrices para a primeira revisión do Plan Forestal de Galicia ao resto de membros. En dita sesión conclúese finalmente que urxe superar o modelo de monte establecido no Plan Forestal de Galicia do ano 1992 e abordar, o máis axiña posible e segundo as directrices consensuadas, a elaboración do documento da primeira revisión do Plan Forestal, á fin de acadar un modelo de sector forestal integrado no desenvolvemento rural sustentable aproveitando a oportunidade que achegan os recursos forestais e naturais ás demandas e necesidades da economía rural galega.

A partir das directrices elaboradas, redactouse un documento denominado “Versión Inicial da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia”, que foi presentado o día 18 de decembro de 2017 no Consello Forestal de Galicia, tras o que se acordou establecer un período de achegas ao documento.

Parlamento de Galicia

En novembro do ano 2017, creábase en sede parlamentaria a Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia. A Comisión contou coa comparecencia de máis de 60 persoas en representación de diferentes entidades, asociacións e administracións públicas, estas comparecencias foron completadas con máis de 40 informes de diferentes departamentos e entidades. En xullo do ano 2018 aprobábase en pleno parlamentario, co apoio de tres cuartas partes do hemiciclo, o Ditame onde se declaraban 123 recomendacións concretas (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 346 do10 de agosto de 2018).

No enlace pódense consultar todos os trámites deste expediente: http://www.parlamentodegalicia.gal/Expedientes/10/SCNP-000008

No enlace pódese consultar o Ditame da Comisión especial:
http://www.parlamentodegalicia.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B100346.pdf

Coa integración das directrices do Grupo de Traballo do Consello Forestal de Galicia, das achegas do Consello Forestal de Galicia, das recomendacións do Ditame da Comisión especial do Parlamento de Galicia e das alegacións e suxestións recibidas no trámite de información pública e consulta ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas no procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, elaborouse o documento da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”, que foi presentado ao Consello Forestal de Galicia na súa sesión celebrada o 8 de xaneiro de 2021 e remitido ao Parlamento de Galicia o 28 de xaneiro dese mesmo ano (Boletín Oficial do Parlamento número 84 do 28 de xaneiro de 2021).

No enlace pódese consultar o documento presentado no Parlamento de Galicia da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”:
http://www.es.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B110084_1.pdf

Logo da súa presentación e debate, o 5 de febreiro de 2021, no seo da Comisión nº7 Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, http://mediateca.parlamentodegalicia.gal/library/items/comsiion-2021-02-05--1 o Parlamento de Galicia aprobou no seus plenos celebrados os días 23 e 24 de febreiro 2021 o documento da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” (Boletín Oficial do Parlamento número 103 do 26 de febreiro de 2021).

https://www.parlamentodegalicia.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B110103.pdf

Avaliación ambiental estratéxica ordinaria

O 2 de agosto de 2016, a administración forestal, como promotor e órgano substantivo, remitía ao órgano ambiental a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria da revisión do Plan Forestal de Galicia, á que se acompañou o borrador do Plan e o Documento Inicial Estratéxico (DIE), á fin de que o órgano ambiental determinase o correspondente documento de alcance do Estudo Ambiental Estratéxico (EAE), trala análise do expediente remitido e tras as consultas previas ás administracións públicas afectadas e as persoas interesadas. O 31 de outubro de 2016, o órgano ambiental remitía, á dita administración forestal, o seu pronunciamento sobre o DIE e o borrador do Plan para a primeira revisión do Plan Forestal de Galicia tras consulta pública e observacións recibidas, isto é, o documento de alcance, co obxectivo de delimitar a amplitude, nivel de detalle e grao de especificación do EAE e de guiar a elaboración da versión inicial da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia.

A continuación, a Consellería de Medio Rural, mediante a Orde de 28 de xuño de 2018, aprobaba inicialmente a primeira revisión do Plan forestal de Galicia e se abría o trámite de información pública, procedendo á súa publicación, o 5 de xullo de 2018, no Diario Oficial de Galicia número 128 e no Boletín Oficial do Estado número 162 así como nun periódico de maior circulación de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180705/AnuncioG0426-270618-0002_gl.html

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2018-36358

O documento elaborado como “Versión Inicial da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia” foi exposto ao público por un período mínimo de dous meses, durante o cal tamén se consultaron ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas.

Informes sectoriais e público interesado.

Na fase de participación pública e consultas, a administración forestal realizou as consultas sobre o documento de aprobación inicial da primeira revisión do Plan Forestal, que inclúe o EAE, ás administracións públicas, organismos e público interesado definidos polo órgano ambiental no Documento de Alcance.

Como resultado do trámite de consultas recibíronse un total de dez informes sectoriais e sete respostas por parte do público interesado. Na seguinte táboa recóllense os informes solicitados e consultas realizadas, facendo indicación da data de solicitude e da de recepción.

 

Administración do Estado Data solicitude Data recepción
Ministerio de Fomento Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia 09/07/2018  
Dirección General de Ferrocarriles 09/07/2018 19/09/2018
ADIF 09/07/2018  
Dirección General de Aviación Civil 09/07/2018 25/10/2018
Puertos del Estado 09/07/2018 19/09/2018
Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación y Medio Ambiente Demarcación de Costas en A Coruña 09/07/2018 15/10/2018
Confederación Hidrográfica del Miño-Sil 09/07/2018  
Confederación Hidrográfica del Duero 09/07/2018  
Confederación Hidrográfica del Cantábrico 09/07/2018 10/09/2018
Dirección General de Desarrollo Rural y Política Forestal 09/07/2018  
Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental y Medio Natural 09/07/2018  
Administración autonómica Data solicitude Data recepción
Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo 09/07/2018 19/10/2018
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático 09/07/2018 09/10/2018
Dirección Xeral de Patrimonio Natural 09/07/2018  
Augas de Galicia 09/07/2018  
Instituto de Estudos do Territorio 09/07/2018  
Consellería de Infraestruturas e Vivenda Axencia Galega de Infraestruturas 09/07/2018 13/09/2018
Dirección Xeral de Mobilidade 09/07/2018  
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria D. X. de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa 09/07/2018  
D. X. do Patrimonio Cultural 09/07/2018 03/10/2018
Consellería do Medio Rural D. X. de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias 09/07/2018  
D. X. de Desenvolvemento Rural 09/07/2018  
D. X. de Ordenación Forestal   12/09/2018
Consellería do Mar D. X. de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica 09/07/2018  
Portos de Galicia
Área de Explotación e Planificación Portuaria
09/07/2018  
Consellería de Economía, Emprego e Industria Secretaría Xeral de Emprego 09/07/2018  
D. X. de Enerxía e Minas 09/07/2018  
Axencia Galega da Industria Forestal 17/07/2018  
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Dirección Xeral de Emerxencias e Interior 09/07/2018  
Dirección Xeral da Administración Local 09/07/2018  
Consellería de Facenda Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos 09/07/2018  
Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) 09/07/2018 03/10/2018
Deputación da Coruña 09/07/2018  
Deputación de Lugo 09/07/2018  
Deputación de Ourense 09/07/2018  
Deputación de Pontevedra 09/07/2018  

 

En relación aos informes solicitados ao público interesado no trámite de información pública, estas foron as asociacións ou entidades ás que lle foi remitido o documento.

Público interesado Data solicitude Data recepción
Asociación Petón do Lobo 10/07/2018 25/09/2018
Asociación Cova Crea 10/07/2018 19/09/2018
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) 10/07/2018
Sociedade Galega de Historia Natural 10/07/2018  
Grupo Naturalista Hábitat 10/07/2018  
Verdegaia 10/07/2018 03/10/2018
A Terra non se vende 10/07/2018 09/10/2018
Salvemos Monteferro 10/07/2018 09/10/2018
Asociación de empresarios da 1ª transformación da madeira de Lugo 10/07/2018  
Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga) 10/07/2018 02/10/2018
Asociación Galega Monte-Industria 10/07/2018  
Asociación Agraria de Galicia 10/07/2018  
Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) 10/07/2018  
Estación Científica do Courel 10/07/2018  
IXP Castaña de Galicia 10/07/2018  
Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia 10/07/2018  
IXP Mel de Galicia 10/07/2018  
Consello Forestal de Galicia 09/07/2018  

 

Achegas no período de exposición pública

Durante o período no que a primeira revisión do Plan Forestal 2021-2040 foi sometido ao trámite de información pública, foron formuladas un total de 73 alegacións (25 asociacións, 43 particulares, 4 comunidades de montes veciñais en man común e 1 dunha empresa).

Declaración Ambiental Estratéxica (DAE)

Tomando en consideración o trámite de información pública e consultas, e as propostas do Parlamento de Galicia modificouse a proposta inicial da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia para proceder á redacción definitiva.

Deste xeito o 7 de abril de 2021, a administración forestal remite ao órgano ambiental o expediente de avaliación ambiental estratéxica, quen, mediante Anuncio do 3 de xuño de 2021, (Diario Oficial de Galicia do 22 de xuño de 2021), fixo pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” (expediente 2016AAE1933).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210622/AnuncioG0532-040621-0002_gl.html

Información de todo o expediente tramitado: aquí

Finalmente, en cumprimento do previsto no artigo 26 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental publicouse a RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá cumprimento dos requisitos de publicidade establecidos no artigo 26 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, en relación coa aprobación da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 Cara á neutralidade carbónica.

Instrumento de ordenación do territorio

A Lei 7/2012, do 28 de xuño de montes de Galicia establece o carácter do Plan Forestal de Galicia, que terá forza vinculante en materia forestal, definindo as liñas de actuación das distintas administracións públicas neste eido. En aplicación deste carácter, este documento posúe a consideración de instrumento básico de planificación sectorial e como tal foi sometido ao disposto na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia en materia de instrumentos de ordenación do territorio.

O órgano forestal remite o 07/04/2021 unha primeira versión da revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” solicitando informe previo ao órgano con competencias en materia de ordenación do territorio, o cal emite dito informe en data 28/05/2021.

Como consecuencia de dito informe e a Resolución de declaración ambiental estratéxica (DAE) o órgano forestal modifica o documento (ver informe de modificacións) e, en aplicación do artigo 54 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, solicita informe previo o 07/06/2021 antes da aprobación do documento estratéxico de planificación.

En data 29/06/2021 o órgano con competencias en materia de ordenación do territorio emite informe favorable trala a incorporación da planimetría e condicións establecidas pola Dirección General de Aviación Civil. Recibido dito informe procédese a realizala modificación proposta (ver informe de modificacións) e, deste xeito, elaborar a versión definitiva do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” previa á súa aprobación provisional polo titular da consellería con competencias en materia de montes.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, remitiuse ao departamento con competencias en materia de ordenación do territorio e urbanismo un exemplar en soporte dixital do documento debidamente dilixenciado para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia:
https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia

Ver: Texto dilixenciado do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 "Cara á neutralidade carbónica"

Documento aprobado

Finalmente, a persoa titular da consellería competente en materia de montes acordou, o 8 de setembro de dous mil vinte e un, a aprobación provisional da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”, previo informe preceptivo da consellería competente en materia de ordenación do territorio, recibido o 29 de xuño do 2021, en aplicación do artigo 54 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.

Unha vez finalizado o seu procedemento de tramitación e cumpridos todos os trámites preceptivos, de acordo co disposto no artigo 72 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, escoitado o Consello Forestal de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 30 de setembro de dos mil vinte e un, aprobouse a primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040.

Ver: Decreto 140/2021, do 30 de setembro, polo que se aproba a primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”

Ver: Texto do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”

Ver: Texto da síntese do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 "Cara á neutralidade carbónica"

 

Sistema de seguimento de indicadores

A primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 anuncia e desenvolve un sistema continuado de seguimento e avaliación. Deste xeito, á fin de avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos programáticos e estratéxicos, así como das iniciativas, programas e liñas de acción enunciados realizaranse avaliacións quinquenais (5 anos) que poderán dar lugar a establecer medidas extraordinarias que conduzan a satisfacer os obxectivos fixados. Asemade as ditas revisións obxectivarán o grao de cumprimento esperado a través dos criterios e indicadores estratéxicos de avaliación e seguimento que son fixados e desagregados en quinquenios: 2021-2025, 2026-2030, 2031-2035, 2036-2040.

Este sistema de revisión continuada compleméntase coa necesidade dunha avaliación interna do grao de desenvolvemento do Plan, de carácter bianual, como referencia para analizar o nivel de cumprimento do mesmo. Os resultados que se obteñan detallaranse nun informe de avaliación que será presentado ao Consello Forestal de Galicia e ante a comisión parlamentaria pertinente, de maneira que permita analizar o grao de cumprimento do período estudado e, deste xeito, poder realizar as modificacións necesarias para alcanzar os obxectivos establecidos para cada quinquenio, incluíndo unha avaliación dos mecanismos de fomento forestal que garanta a súa adecuación ás necesidades propostas polos distintos instrumentos de execución contidos na revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040.