Novidades

Compartir

A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma


Explotacións intensivas de gando porcino
Explotacións intensivas de gando porcino. Plan de produción e xestión de estercos. Normativa de aplicación

Este tríptico resume os aspectos máis relevantes da normativa de aplicación

ANO: 2022
Nº PAX: 6 DL: C 1368-2022
Explotacións intensivas de avicultura
Explotacións intensivas de avicultura. Plan de produción e xestión de estercos. Normativa de aplicación

Este tríptico resume os aspectos máis relevantes da normativa de aplicación

ANO: 2022
Nº PAX: 6 DL: C 1369-2022
Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña
Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña

O programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña establece os eixes de intervencións e as actuacións que cómpre desenvolver no marco deste programa, entre os anos 2022 e 2040, así como aquelas actuacións definidas como prioritarias, que cómpre desenvolver entre os anos 2022 e 2025. Ademais, inclúense os mecanismos de seguimento e avaliación do programa.

ANO: 2022
Nº PAX: 73 DL: C 1481-2022
Reprodución apícola. Tratado do criador
Reprodución apícola. Tratado do criador

A presente obra concíbese como un ensaio técnico destinado á divulgación didáctica da mellora e da reprodución apícola. Ten a intención de ofrecer ao apicultor ferramentas útiles para criar, seleccionar, propagar e acrecentar constantemente a xenética máis sobresaínte das súas abellas.

ANO: 2022
Nº PAX: 438 ISBN: 9788445354094 DL: C 94-2022 Prezo: 30 euros
Agroexprés, n º 4
Agroexprés

n º 4
Este novo número de Agroexprés conta coa participación, ademais do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, doutros centros de relevancia dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (o Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán) e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega)), o cal permitirá achegar contidos en novas liñas de traballo.

ANO: 2022
Nº PAX: 40
Historia da produción de aceite en Galicia. Da oliveira á mesa
Historia da produción de aceite en Galicia. Da oliveira á mesa

Esta monografía fai unha análise histórica da importancia do cultivo da oliveira e da súa situación actual.

ANO: 2021
Nº PAX: 128 ISBN: 978-84-453-5381-3 DL: C 915-2021 Prezo: 20 euros
1ª revisión do Plan forestal de Galicia. Cara á neutralidade carbónica
1ª revisión do Plan forestal de Galicia. Cara á neutralidade carbónica

A finalidade da 1ª Revisión do Plan Forestal de Galicia é actualizar o instrumento básico de planificación forestal estratéxica para o deseño da política forestal galega. DL: C 1811-2021

ANO: 2021
Nº PAX: 334
1ª revisión do Plan Forestal de Galicia. Cara á neutralidade carbónica (síntese)
1ª revisión do Plan Forestal de Galicia. Cara á neutralidade carbónica (síntese)

Esta síntese baséase nas primeiras 113 páxinas da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, Cara á neutralidade carbónica. DL: C 1817-2021

ANO: 2021
Nº PAX: 102
Valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia. Actualización 2022
Valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia. Actualización 2022

Actualización dos datos 2022 do rendemento e calidade das variedades comerciais do millo forraxeiro máis empregadas en Galicia (período 2000-2021). DL: C 228-2022

ANO: 2022
Nº PAX: 4
Agroexprés, n º 3
Agroexprés, n º 3

Este terceiro número da revista Agroexprés segue recollendo artigos interesantísimos para a divulgación do agro galego, como o millo forraxeiro en ecolóxico, a calidade do poldro en Galicia, os lévedos presentes nos queixos artesanais..., e a estrea dunha sección nova de horta sobre as variedades de tomates tradicionais.

ANO: 2021
Nº PAX: 40